Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 26 set 2008
CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 29 de SETEMBRO de 2008, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


1.- Acta anterior. (Sesión 28.07.08)

XUNTA DE VOCEIROS
2.- Proposta da Xunta de Voceiros referente ás festividades locais do ano 2009.

XESTIÓN MUNICIPAL
3.- Modificación ordenanza Fiscal Xeral. Aprobación inicial.

4.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles. Aprobación inicial.

5.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Aprobación inicial.

6.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas. Aprobación inicial.

7.- Modificacións da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Aprobación inicial.

8.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos documentos que expida ou de que entenda a administración do Concello ou a dos seus organismos autónomos a instancia de parte.

9.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas relativas ó servizo de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles e lixeiros de aluguer con condutor (auto-taxis e vehículos especiais ou de aboamento). Aprobación inicial.

10.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servizos especiais por espectáculos e transportes. Aprobación inicial.

11.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de prevención e extinción de incendios, prevención de ruínas de construcións, salvamentos e outros análogos. Aprobación inicial.

12.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación dos servizos dos cemiterios municipais. Aprobación inicial.

13.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos. Aprobación inicial.

14.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola recollida do lixo. Aprobación inicial.

15.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de inspección sanitaria e os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza. Aprobación inicial.

16.- Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación dos servizos de sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrución de calquera clase de materias e produtos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio ou por encargo. Aprobación inicial.

17.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de limpeza de pozos negros, fosas sépticas, soares e servizos similares así como a recepción de residuos na planta de transferencia. Aprobación inicial.

18.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo de axuda no fogar prestado polo departamento de Benestar Social. Aprobación inicial.

19.- Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo das escolas de 1ª etapa de educación infantil. Aprobación inicial.

20.- Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local. Aprobación inicial.

21.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial de terreos de dominio público local con instalación de quioscos. Aprobación inicial.

22.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamentos especiais con instalación de postos de venda na vía pública e, en xeral en bens de dominio público municipal, autorizados ao amparo da ordenanza reguladora da venda na vía pública e espazos abertos. Aprobación inicial.

23.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais. Aprobación inicial.

24.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de licenzas para construcións, obras e instalacións tramitadas pola xerencia municipal de urbanismo así como pola administración do concello. Aprobación inicial.

25.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por licenzas de actividades e instalacións que figura no presente expediente. Aprobación inicial.

26.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servizos que presta o organismo autónomo municipal Parque das Ciencias "Vigo-Zoo" a través do seu parque zoolóxico. Aprobación inicial.

27.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais. Aprobación inicial.

28.- Modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación de ensinanzas especiais e outras actividades en establecementos municipais. Aprobación inicial.

29.- Modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos por utilización das instalacións deportivas municipais, pertencentes ó "Instituto Municipal dos Deportes. Aprobación inicial.

ASUNTOS SOCIAIS
30.- Aprobación inicial da modificación do Regulamento do Consello de Cooperación e Solidariedade Internacional. Expte. 36378/301.

MOCIÓNS
31.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando o remate das obras da pista polideportiva da praza da Feira na parroquia de Cabral.

32.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a creación dun Servizo de atención municipal Psicolóxica do menor en situación de risco.

33.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando a duplicidade da asignación orzamentaria para axudas de comedores escolares e libros.

34.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando a entrega ós grupos municipais o borrador da "Carta da Cidade" e creación dunha comisión.

35.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular propoñendo medidas para promover a austeridade na administración local.

36.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando se inste á Xunta de Galicia a ampliación de exencións no pagamento do imposto sobre sucesións e doazóns.

37.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando un plan integral de pintado da sinalización horizontal nas estradas do rural.

38.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando se inste á Xunta de Galicia o cumprimento do acordo do Parlamento Galego do 13.03.08 de promoción do Camiño de Santiago Portugués pola costa.

39.- Moción relativa á modificación da directiva 2002/88/CE de ordenación do tempo de traballo.

40.- Moción relativa á "Xornada mundial polo traballo decente".

41.- Rogos e preguntas.