A Axencia da Enerxía xestionará a planta fotovoltaica que a Consellería de Vivenda construirá en Navia
A Axencia da Enerxía de Vigo asumirá a xestión e explotación da planta solar fotovoltaica que a Consellería de Vivenda instalará na nova zona verde de Navia, segundo anunciou hoxe o tenente de alcalde e presidente da Axencia da Enerxía ao remate da xuntanza do seu padroado. A instalación xerará electricidade mediante paneis solares para inxectala directamente na rede de distribución eléctrica.
O tenente de alcalde subliñou a importancia que terá a posta en marcha desta instalación. "Suporá un espaldarazo moi importante para a actividade que está a desenvolver a Axencia da Enerxía. Ademais do que vai supoñer na reducción de gases a atmósfera, vai permitir dispor dun elemento moi eficaz para a divulgación e concienciación do aforro enerxético e as enerxías renovables", dixo. Santi Domínguez incidiu tamén no feito de que o uso das enerxías renovables contribúe de xeito moi significativo á diminución da emisión de gases contaminantes e de efecto invernadoiro á atmosfera.
A produción anual que se prevé obter con esta instalación é de 95.000 kW.h., cifra que supón o consumo medio anual de 25 ou 30 familias. Santi Domínguez salientou que a contribución concreta da instalación fotovoltaica sobre a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro en comparación coa produción de enerxía eléctrica con carbón ascende a 86,43 toneladas, que é o equivalente ao CO2 capturado por 6223 árbores de porte medio ou a un parque forestal de 11,2 Ha.
O tenente de alcalde quiso valorar a aposta da Consellería de Vivenda polas enerxías renovables coa construción desta innovadora instalación na nosa cidade. "As administracións temos que ser as primeiras en favorecer medidas que contribúan a reducir accións que perxudican ao medio ambiente. Sen dúbida a xestión destes paneis van supoñer unha aportación moi importante ao medio", asegurou.
A instalación consta de 288 módulos fotovoltaicos de silicio monocristalino para unha potencia pico de 63,26 kWp. Os paneis estarán situados sobre oito pérgolas a máis de 3,5 metros de altura. Cada unha delas levará 36 módulos conectados en seis series de sies módulos cada unha.
O tenente de alcalde manifestou tamén ao remate da reunión do Padroado a súa satisfacción polo feito de que nos últimos meses a Axencia da Enerxía está recibindo moitas peticións de difentes administracións e entes colaboradores para realizar auditorías enerxéticas nas súas instalacións.
Descargar todas as imaxes