Escoitar

O alcalde inaugura o novo curso infantil na escola municipal Santa Marta

Abel Caballero acudíu este mércores a unhas das catro escolas infantís municipais da cidade para inaugurar oficialmente o novo curso 2008-2009. A escola Santa Marta está xestionada polo departamento muncipal de Educación e dispón de 82 prazas para nenos entre os 0 e os 3 anos de idade. <br />

mércores, 24 set 2008
A Escola é unha das catro municipais que xestiona a Concellería de Educación do Concello de Vigo na cidade, ademais da de Santa Cristina de Lavadores, a Atalaia de Teis, e a Costeira de Saiáns. Xunto ás municipais, a Xunta de Galicia xestiona outras cinco escolas.

Na Escola Santa Marta, o alcalde puido coñecer a algúns dos nenos de entre 0 e 3 anos de idade que alí aprenden, dun total de 82 prazas das que dispón o centro. Abel Caballero tamén saudou ao equipo profesional da Escola, formado por tres mestras especialistas en Educación Infantil, tres técnicas especialistas en Xardín de Infancia, unha cociñeira e unha limpadora.

O rexedor vigués visitou as instalacións das que dispón Santa Marta: un comedor -que pode ser empregado para usos múltiples-, un patio de xogos, tres aulas, cociña propia, un gabinete psicopedagóxico, un servizo médico, biblioteca e horta escolar.

O alcalde comparte co persoal do centro e do servizo municipal de Educación a relevancia que a Escola lle outorga á integración dos pais e nais na educación dos nenos. A este respecto, a Escola Santa Marta organiza actividades nas que participan os proxenitores, ademais de obradoiros e festas escolares.

Abel Caballero felicitou ao equipo e á dirección do centro polo seu traballo dedicado aos nenos. O alcalde aproveitou a visita para salientar o compromiso do goberno local coa educación pública de todos os vigueses.