A Agrupación Europea de Cooperación Territorial "converte a Vigo na capital da eurorrexión"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudíu esta mañá a Santiago de Compostela para ratificar a constitución da Agrupación Europea de Cooperación Territorial, a primeira da Península Ibérica, e con sede en Vigo, o que "converte á cidade na capital da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", salientou o rexedor vigués.
No Plenario participaron ademais o Presidente da Xunta de Galicia e o Presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, así como distintos representantes dos gobernos español e portugués.
Abel Caballero destacou que, coa presenza da Agrupación na cidade, "Vigo será a sede dunha entidade chamada a fortalecer as relacións entre ambas rexións", pois a entidade dotará a esta cooperación dun carácter permanente e estable.
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial se instalará no Areal, e a súa constitución en Vigo refrenda a capitalidade da cidade na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, segundo subliñou o alcalde, xa que ven apoiar á Axencia Europea para o Control da Pesca con sede tamén na cidade olívica.