luns, 19 out 2009
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, afirmou este luns que o programa de "Camiña con nós pola igualdade" pasou dos 1.570 escolares participantes na súa primeira convocatoria, no curso 2005-2006, a 2.763 no periodo 2008-2009, incrementándose nun 43%. Ao seu xuízo, isto supón a "plena consolidación" dunha iniciativa que busca "promover a igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa".
venres, 9 out 2009
O festival Voces Femeninas celebra a segunda edición a partir do próximo martes, día 13, co concerto de presentación na sala Mondo coa actuación de Vitoria Williams e Simone White. Voces Femininas naceu hai un ano como un espazo no que dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o mundo.<br />
venres, 9 out 2009
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, destacou este venres a importancia da renovación do convenio para o centro de emerxencia de mulleres vítimas de violencia de xénero. Así o anunciou a concelleira tras a xuntanza que mantivo coa secretaria xeral de Igualdade, Marta González, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, e que cualificou de "moi positiva para a coordinación e colaboración entre as administracións".
venres, 9 out 2009
El festival Voces Femeninas celebra la segunda edición a partir del próximo martes, día 13, con el concierto de presentación en la sala Mondo con la actuación de Vitoria Williams y Simone White. Voces Femeninas nació hace un año como un espacio en el que dar cabida a grandes intérpretes y compositoras de todo el mundo.<br />
venres, 9 out 2009
La concejala de Igualdad, Iolanda Veloso, destacó este viernes la importancia de la renovación del convenio para el centro de emergencia de mujeres víctimas de violencia de género. Así lo anunció la concejala tras la reunión que mantuvo con la secretaria general de Igualdad, Marta González, y el gerente del Consorcio Gallego de Servicios de Igualdad y Bienestar, Roberto Rodríguez, y que calificó de "muy positiva para la coordinación y colaboración entre las administraciones".
martes, 22 set 2009
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, destacou este martes a necesidade de seguir organizando cursos e obradoiros que promovan a igualdade entre homes e mulleres como é o programa "Tanto monta, monta tanto". A concelleira afirmou na presentación que se trata dunha nova edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2", cuxo periodo de inscrición comeza o vindeiro venres, 25 de setembro, ata completar o número de prazas.
luns, 21 set 2009
A Concellería de Igualdade abrirá o día 23 o prazo de inscrición para participar no módulo: "Dereito e relacións de xénero" do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta concellería.
mércores, 9 set 2009
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que o departamento que dirixe ofrece un total de 3.000 prazas que forman parte do Programa de Formación e Tempo Libre dirixido a mulleres. Segundo afirmou a edil, con este programa, que se desenvolve en colaboración con máis de 50 asociacións ata xuño de 2010, quérese "cubrir as demandas de todas as mulleres e pensando en todas as idades das demandantes".
venres, 12 xuñ 2009
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausurou este venres no CEIP Pintor Laxeiro a cuarta edición do programa "Camiña con nós pola igualdade". Neste programa, dirixido a alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos de Educación Infantil e 6º curso de Educación Primaria, segundo salientou a concelleira, participaron máis de 2.800 estudantes de trinta centros de ensino de Vigo.
mércores, 29 abr 2009
A concelleira de Igualdade, lolanda Veloso presentou este mércores as sesións que se celebrarán no mes de maio do módulo "Economía e Xénero", do Programa de Posgrado de Estudos de Xénero da Universidade de Vigo. A edil subliñou a importancia de abrir os módulos universitarios a todas as mulleres, polo que convidounas a participar nas sesións formativas, que teñen carácter gratuíto, "para que poidan achegar as súas visións".