luns, 17 mar 2003
En tódalas praias, dende Teis ata Canido, realízase unha limpeza sistemática de area e recollida de entullos, ademais de efectuar obras de axardinamento e adecuación en areais do litoral vigués.
venres, 14 mar 2003
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns rematou esta semana a campaña de reposición de arborado viario na cidade.
mércores, 5 mar 2003
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, anunciou que durante os próximos anos completaranse os paseos do litoral do municipio de forma que se poida facer un percorrido a pe polo borde marítimo dende Coruxo ata o centro urbano e dende Chapela ata Guixar. Castrillo fixo estas declaración durante unha visita ao novo paseo de madeira que une as praias das Fontes e A Mourisca, preto do Museo do Mar.
<br />