xoves, 21 mai 2020
A Xunta de Goberno Local validou este xoves as normas para a concesión de apoio económico para libros (por 110.000 euros) e para comedor escolar (por 1.095.000 euros, ampliable a 1.215.000 euros). Ademais, o orzamento municipal contempla outros 606.000 euros para bolsas de comedor a través de FOANPAS.
martes, 19 mai 2020
A reforma da Gran Vía de Vigo e a instalación de ramplas mecánicas poderá levarse a cabo entre este martes e este xoves. A obra presenta un orzamento próximo aos 5,2 millóns de euros, cofinanciados pola Unión Europea a través dos fondos FEDER.
luns, 18 mai 2020
Segundo informou Abel Caballero, este martes chegarán as primeiras cintas mecánicas que, unha vez conclúa a obra -previsiblemente en agosto-, facilitarán a subida da Gran Vía desde María Berdiales ata a rúa Venezuela. A humanización conta cun orzamento de 5,1 millóns, con financiamento de fondos FEDER da Unión Europea.
xoves, 14 mai 2020
O obxectivo é apoiar tecnicamente á dirección dunha obra que presenta un orzamento de 11,8 millóns, segundo recordou Abel Caballero este xoves. Ademais, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de humanización dunha nova fase de Serafín Avendaño e á contratación do servizo de atención domiciliaria á infancia – SADI Canguros
martes, 28 abr 2020
Profesionais da construción trasladáronlle esta mañá ao alcalde que se amosan esperanzados coa marcha do sector dentro desta crise sanitaria. Durante un encontro telemático, Caballero garantiu o mantemento dos niveis de investimento público na cidade para seguir xerando emprego.
xoves, 23 abr 2020
O Goberno local prosegue coas obras públicas, entre as que se atopa o programa de asfaltados por toda a cidade que conta cun orzamento de 1,6 millóns. Segundo avanzou o rexedor, o próximo luns 27 de abril empezarán os traballos en Sanjurjo Badía.
martes, 21 abr 2020
O alcalde avanzou esta mañá que o goberno local ten en marcha un proceso de compra de 100.000 máscaras de protección que se repartirán nas próximas semanas entre os vigueses. De xeito inmediato, comezará a distribuír as primeiras 20.000 grazas a un adianto de unidades que fará POVISA ao Concello.
luns, 13 abr 2020
Na xornada de hoxe xa comezaron algunhas obras públicas da cidade como o pavillón de Quirós ou a Estrada Porto, aínda que a meirande parte destes traballos de construción municipal arrancará mañá martes, coa reactivación de Gran Vía, Porta do Sol ou Ronda don Bosco.
xoves, 2 abr 2020
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de mellora da rede de saneamento da rúa Jacinto Benavente. Os traballos prolongaranse durante seis meses e contan cun orzamento de 370.000 euros.
luns, 30 mar 2020
A decisión do Goberno de España de prohibir a actividade económica non esencial paraliza todas as obras públicas na cidade. Abel Caballero incluíu esta decisión dentro da batalla contra o coronavirus porque “o prioritario é a saúde”.