A Avenida Martínez Garrido xa está aberta á cidadanía
venres, 19 mai 2023O Concello tramitou a recepción da fase IV da humanización da Avenida Martínez Garrido, que vai do número 1 ata o 33. O obra supuxo un investimento de 1.200.000 euros.
O Concello tramitou a recepción da fase IV da humanización da Avenida Martínez Garrido, que vai do número 1 ata o 33. O obra supuxo un investimento de 1.200.000 euros.
O alcalde deu conta do avance das obras da humanización e instalación da rampla mecánica na rúa Carral, que rematarán a finais da próxima semana. Este elemento mecánico inclúese na humanización da nova Porta do Sol na que se investiron case 17 millóns de euros.
Trátase dunha actuación que se suma ao corredor mecánico desde o Areal ata o Barrio de Ribadavia. O importe é de 2.674.000 euros, dos cales 1.911.000 apórtaos o Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos Next Generation EU.
Abel Caballero deu conta do avances das obras, coa rampla de accesibilidade á praia. O Paseo de Bouzas estrearase coa festa da Brincadeira a segunda fin de semana de maio.
O alcalde informou que a día de hoxe o Concello non ten resposta nin de Augas de Galicia nin do Porto de Vigo.
O Concello fixo un modificado para a mellora da obra tras a cesión de terreos por parte dos veciños. A Estrada Clara Campoamor, en execución fronte ao Hospital Álvaro Cunqueiro, rematará en xuño. O Concello está a redactar o proxecto para a mellorar do pavillón do Carballal.
Abel Caballero deu conta do anuncio no Boletín Oficial de Estado no que se notifica por parte do Goberno de España a aprobación dos proxectos presentados á convocatoria do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
O alcalde informou destas actuacións cun importe de case 2 millóns de euros. Está previsto que as obras comecen no mes de maio.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de extensión do mallado da rede de abastecemento do Concello por un importe de 730.000 euros incorporando novas rúas ao sistema de trazado reticulado que evita o corte de toda a tubaxe ante avarías.
Abel Caballero informou da finalización da instalación das actualizacións de seguridade “coas últimas tecnoloxías dispoñibles”, rematando o proceso coa limpeza das paredes do túnel.