A Xunta de Goberno aproba a pavimentación de Torrecedeira e 26 rúas nas parroquias
O alcalde informou destas actuacións cun importe de case 2 millóns de euros. Está previsto que as obras comecen no mes de maio.
A Xunta de Goberno aprobou o asfaltado da rúa Torrecedeira cun importe de 673.225 euros. Tamén se aprobou a pavimentación de 26 rúas nas parroquias de Vigo cun importe de 1.284.633 euros. Abel Caballero deu conta destas actuacións en rúa Parada (Matamá), camiño Pinal (Saiáns), camiño Corredoura (Castrelos), camiño Cruceiro (Castrelos), camiño Pinguela (Valadares), camiño Galindra (Castrelos), rúa Penís (Cabral), rúa Párroco Don Serafín (Teis), rúa Cantabria (Teis), rúa Fonte Escura (Lavadores), camiño Sampaio de Abaixo (Sampaio), rúa Parrocha (Bembrive), camiño Besada (Candeán), rúa Vista do Mar (San Xoán), camiño Pousa (Castrelos), camiño Couto (Beade), camiño Rioboo (Salgueira), Baixada Salgueira (Salgueira), Fuchiños (Oia), estrada José Rivas (Coruxo), camiño Caringosta (Alcabre), rúa San Paio (Navia) camiño San Xurxo (Saiáns).
O alcalde advertiu que as obras de asfaltado en Fragoso, Tomás Alonso, praza da Industria e Núñez de Balboa poderían afectar ao tráfico en momento puntuais do día. Por outra banda, xa se pode circular con normalidade na rúa Nigrán, Cesáseo González e o Carmen logo do remate das obras.