O Concello aborda a candidatura para que Balaídos sexa sede do Mundial de Fútbol 2030
O alcalde presidiu esta mañá, no Auditorio Mar de Vigo, a reunión sobre o proxecto Vigo-Balaídos como cidade interesada en albergar encontros da Copa do Mundo
Como explicou o rexedor na rolda de prensa matinal, esta mañá realizouse unha reunión sobre o proxecto Vigo-Balaídos 2030, para que a cidade poida optar a ser sede do mundial. Neste encontro participaron membros da candidatura, pertencentes a federación española e portuguesa; representantes municipais; o presidente da Federación Galega e representantes da Xunta de Galicia e do Real Club Celta de Vigo.
No encontro tratáronse diferentes temas sobre a candidatura, como o análise da documentación e compromisos adquiridos; unha análise infraestruturas e os requirimentos e finalmente, fixar calendario de accións a desenvolver. Entre as cuestións que se expoñen é necesario que dispoña de polo menos 40.000 asentos, cuestión sobre que o rexedor sinalou que o proxecto vigués neste momento esta por enriba, “pero incluso se o elevasen a 45.000 poderíamos afrontalo”, xa que en certas bancadas como Tribuna ou Preferencia hai espazos onde instalar máis bancadas.
Tamén explicou que para os campos de adestramentos Para o Concello seleccionou o campo de Coruxo, preto do cal se construirá outro campo, así como a Cidade Deportiva de A Madroa. Así mesmo, os campos de Barreiro e Navia serán os outros dous elixidos, sendo "capaces de garantir todo o que se necesita dentro do territorio de Vigo". Abel Caballero manifestou a súa satisfacción coa reunión, sinalando que Vigo conta “cun proxecto sólido e moi ben trazado”, co cal “estou seguro que seremos sede da Copa do Mundo”.