Escoitar

A Coral Casablanca volve a Castrelos o 29 de xullo

O Concello iniciou o expediente de contratación do recital da Coral Casablanca, que se suma ao cartel de concertos de verán no Auditorio municipal ao aire libre.

martes, 25 abr 2023
Cartel do concerto da Coral Casablanca 2023
Cartel do concerto da Coral Casablanca 2023

O alcalde informou en rolda de prensa da posta en marcha deste trámite que permitirá gozar nas festas de verán da cidade dunha cita “clásica e emblemática” e puxo en valor o evento que unha gran coral cunha grande orquestra sinfónica apoiándoa

A Coral Casablanca ofrecerá o seu recital o vindeiro 29 de xullo, sábado, no auditorio municipal de Castrelos: “unha gran coral cunha grande orquestra sinfónica apoiándoa”, salientou Caballero.

Ademais, o goberno municipal está tramitando a contratación doutro espectáculo infantil: Pinocho, que chegará a Castrelos o 12 de xullo, cunha versión moderna do clásico.

O cartel de espectáculos infantís de 2023 queda como segue, pendentes dunha última confirmación: o 12 de xullo, Pinocho; o 19 de xullo, A Ratiña Presumida; o 26 de xullo, A Rayuela; o 2 de agosto, O libro da selva. A aventura de Mowgli e o 9 de agosto: Tarzán, o Musical.

Descargar todas as imaxes