venres, 28 abril 2023

Abel Caballero: "Vigo é unha cidade de baloncesto feminino, contamos cunha dilatada experiencia para albergar esta fase de ascenso á Liga Endesa"

O rexedor participou esta mañá na presentación da "final four" polo ascenso a Liga Endesa que se disputará esta fin de semana no Pavillón de Navia, no que será protagonista o Celta Zorka Recalvi. Estivo acompañado, entre outros, por Elisa Aguilar, directora de competicións da Federación Española de Baloncesto; Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega de Baloncesto e Carlos Álvarez, presidente do clube. Caballero aproveitou para transmitirlle a todo o plantel local o seu apoio ante a cita transcendental, "baixo o convencemento de que imos gañar esta fase, porque sodes as mellores".

Vigo abre a temporada de orquestras coa actuación da París de Noia

venres, 28 abr 2023

A partir das 21:30 horas no exterior de Balaídos actuará a orquestra París de Noia, que abre a tempada que se estenderá ao longo de todo o verán. Este concerto suple ao suspendido no final do verán por mor da choiva o que impediu que se celebrara o peche da tempada artística. A París de Noia, en xira desde 1957, comeza o tour 2023 con 34 profesionais en ruta.

Vigo acollerá o V Congreso Mundial Jules Verne en 2028

venres, 28 abr 2023

A Sociedade Jules Verne de Vigo acaba de ser designada como organizadora do encontro, unha decisión que lle trasladaron este venres ao alcalde, nunha reunión na que deron conta do resultado dun estudo no que recollen mencións sobre a cidade, ata agora descoñecidas, nas obras do autor francés.

O alcalde pon en valor a responsabilidade social do labor policial

venres, 28 abr 2023

Abel Caballero participou este venres na apertura das II Xornadas Saudepol de promoción da saúde mental e de prevención do suicidios entre os integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade e Emerxencias, que se celebran na Comisaría de Vigo-Redondela. Na súa intervención, o rexedor abordou a necesidade de aprender a “compartir a carga de tensión” asociada á responsabilidade do labor que desenvolven os axentes especialmente nos momentos complexos.