O goberno municipal aproba en Xunta de Goberno subvencións para tres entidades deportivas de elite da cidade
O alcalde tamén trasladou en rolda de prensa a subvención mediante un convenio de colaboración coa Escudaría Rías Baixas para a organización do Rally Rías Baixas 2023.
Abel Caballero deu conta en rolda de prensa da achega de 130.000 euros a tres entidades deportivas de elite a través de convenios. A Xunta de Goberno aprobou o investimento para o Celta Zorka Recalvi de 90.000€ para a tempada 2022-2023 na que disputa a segunda categoría nacional (Liga Challlenge Feminina).
Outro dos convenios aprobados foi coa Unión Balonmán Lavadores cun importe de 30.000€, que tamén conta cun equipo de elite na División de Honra Plata Feminina. Tamén terá unha achega de 10.000€ o Illas Cíes Tenis de Mesa, para o desenrolo da actual tempada na División de Honra Feminina e a Segunda Liga Nacional.
A Xunta de Goberno tamén aprobou a subvención, por un importe de 30.000€, a Escudaría Rías Baixas adicada a organización do Rally Rías Baixas 2023.