Escoitar

O Pleno insta á Xunta a iniciar as obras de urbanización en Navia

O Grupo Socialista solicita ao goberno autonómico iniciar as obras de urbanización de xeito inmediato así como adicar o 75% das 1.600 vivendas da ampliación de Navia ao alugueiro a prezo taxado. Tamén solicítase á Xunta completar os informes sectoriais dos polígonos 2A e 2B de Navia para proceder a súa aprobación definitiva.

mércores, 26 abr 2023

 

O pleno aprobou cos votos favorables dos socialistas, o Grupo Mixto e o edil non adscrito instar á Xunta de Galicia a iniciar as obras de urbanización do polígono 1 de Navia de xeito inmediato. O Grupo Popular abstívose na votación da moción, que tamén insta ao goberno autonómico a adicar “cando menos” o 75% das 1.600 vivendas da ampliación de Navia ao alugueiro a prezo taxado.

A tenente de Alcalde e edil de Urbanismo, María Xosé Caride, defendeu a necesidade de vivenda protexida na cidade, “onde hoxe temos 6.276 demandantes”. Caride reprochou que “Vigo leva esperando 14 anos pola ampliación de Navia, ca previsión de 1.600 vivendas e logo da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do polígono 1 e que a día de hoxe non existe ningunha solicitude de licencia de obra para ningunha edificación, ningún concurso público de venta de parcelas e ningunha fecha de inicio de obras”.

A concelleira tamén puxo de manifesto que o Concello segue a esperar as autorizacións sectoriais de patrimonio da Xunta, solicitadas fai 8 meses, para poder proceder a aprobación definitiva do proxecto de urbanización dos polígonos 2A e 2B.

Con todo, aprobouse a moción instando á Xunta a iniciar as obras de urbanización do polígono 1 de xeito inmediato, así como adicar o 75% das 1.600 vivendas da ampliación de Navia ao alugueiro a prezo taxado. Tamén solicítase á Xunta completar os informes sectoriais dos polígonos 2A e 2B para proceder á súa aprobación definitiva. Tamén pídese ao goberno autonómico licitar e adxudicar as obras para iniciarse en menos de 6 meses e cun máximo de 24 meses de execución e a cesión obrigatoria e gratuíta do solo destinado ao sistema local de espazos libres, zonas verdes e equipamentos.

Descargar todas as imaxes