xoves, 27 abr 2023
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a modificación do contrato de vixilancia, socorrismo, salvamento, asistencia sanitaria de primeiros auxilios e seguridade e accesibilidade para o baño de persoas con mobilidade reducida en praias do Concello que ten un importe de 661.745 euros.
xoves, 27 abr 2023
O alcalde tamén trasladou en rolda de prensa a subvención mediante un convenio de colaboración coa Escudaría Rías Baixas para a organización do Rally Rías Baixas 2023.
xoves, 27 abr 2023
O alcalde participou esta mañá na inauguración da xornada “Soltando amarras” organizada por Empresarias Galicia nas instalacións da Zona Franca. Durante a intervención deste seminario de networking e liderado, Abel Caballero reiterou a necesidade de emprender a “última revolución pendente: a da igualdade”.
xoves, 27 abr 2023
A Fundación INGADA presentou xunto ao rexedor a I Xornada sobre TDAH e Muller que se celebra o venres 5 de maio no Auditorio Municipal desde as 10 ata as 19 horas con exposicións de expertas na materia.
xoves, 27 abr 2023
Abel Caballero achegouse esta mañá á sede de Afundación para saudar aos asistentes ao 30 Congreso Nacional de Fleboloxía e Linfoloxía que se desenvolve en Vigo ata mañá venres. Logo de darlles a benvida á cidade aos 200 médicos asistentes, o rexedor louvou a labor destes profesionais ao tempo que puxo en valor a inversión en investigación.