Escoitar

O Auditorio Municipal acolle a I Xornada sobre TDAH e Muller

A Fundación INGADA presentou xunto ao rexedor a I Xornada sobre TDAH e Muller que se celebra o venres 5 de maio no Auditorio Municipal desde as 10 ata as 19 horas con exposicións de expertas na materia.

xoves, 27 abr 2023

O Auditorio Municipal acollerá o 5 de maio a I Xornada sobre TDAH e Muller. A Fundación INGADA organiza este ciclo con expertas co obxectivo de visualizar os síntomas que presentan as mulleres fronte ao TDAH. O obxectivo da xornada é dar voz ás mulleres con TDAH. Alcalde e representantes da Fundación presentaron a xornada que se desenvolverá entre as 10 e as 19 horas.

O TDAH é un trastorno do neurodesenvolvemento que afecta a un 5% da poboación. A sintomatoloxía adoita ser distinta entre homes e mulleres a presentación máis frecuente entre as mulleres é a inatenta, mentres que as presentación hiperactiva-impulsiva e combinada (inatenta hiperactiva/impulsiva) é a mais frecuente en homes. Isto provoca que o diagnóstico sexa máis complicado de efectuar nas mulleres, dado que os síntomas son menos evidentes, e máis internalizados. Así, por exemplo, moitas mulleres con TDAH non presentan fracaso escolar, que é unha das expectativas sociais máis frecuentes arredor do trastorno. Os estereotipos de xénero tamén están implicados neste déficit de detección. Así, se ben o TDAH é o trastorno non diagnosticado máis frecuente nos adultos, isto é especialmente frecuente nas mulleres que o presentan, dado que que unha muller presente un carácter ensoñador, ou labilidade emocional era considerado normal ata hai unhas décadas e características asociadas ó xénero feminino.

Durante esta xornada de TDAH e muller, recoñecidas poñentes falarán sobre como afecta un diagnóstico de TDAH nos eidos do embarazo, a maternidade, o autoconcepto empobrecido, o desenvolvemento profesional, ou a menopausa. Non so poderemos escoitar estes relatos de man das profesionais sanitarias, senón que, nunha experiencia pioneira, contarase cunha mesa redonda de testemuñas, de mulleres usuarias de INGADA, diagnosticadas de TDAH, que contarán as súas experiencias de xeito accesible e cercano.

Descargar todas as imaxes