Escoitar

O Concello abre o prazo para a subsanación de erros na solicitude das axudas de libros

O prazo de subsanación é de 10 días hábiles, ata o 8 de maio incluído. Xa están dispoñibles na web do Concello (www.vigo.org) as listaxes de admitidos e de aqueles que precisan algunha corrección. O Concello comezará esta semana a aboar os 205 euros por alumno das solicitudes aceptadas e validadas.

luns, 24 abr 2023

O Concello abre o prazo de subsanación para as persoas solicitantes das axudas ás familias para os libros de texto que non foron validadas e aceptadas por algún erro no formulario. O alcalde informou que o prazo é de 10 días hábiles, ata o 8 de maio incluído. Na web municipal (www.vigo.org) xa están dispoñibles as listaxes de admitidos (20.756) e de aqueles pendentes da corrección de erros (1.955). Estes últimos recibirán ao longo do día un SMS como notificación. Abel Caballero explicou que existen dos modos de subsanar: telemático ou achegarse ou no rexistro de xeito presentación.

O Concello comezará a aboar esta semana os 205 euros por alumno das solicitudes aceptadas e validadas.

Descargar todas as imaxes