Aberto o prazo para optar ás 100 estancias no estranxeiro para a Escola de Idiomas
O BOPPO publicou este luns o extracto da convocatoria das bolsas para estadías lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas para o ano 2023 que ten un orzamento de 175.000 euros.
O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe o extracto da convocatoria para a concesión de 100 becas de estancias lingüísticas no estranxeiro para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas. O prazo de solicitude para as cen bolsas dispoñibles remata o 9 de maio.
Cun presuposto de 175.000 euros, o obxectivo desta convocatoria e mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras, fomentando o aprendizaxe e o contacto con outras culturas no ámbito internacional. A distribución das 100 achegas é a seguinte: 66 para o Reino Unido e Irlanda; 11 para Francia; 6 para Alemaña; 6 para Italia; 4 para Portugal; 5 para Xapón e 2 para Taiwán.
O Concello financia a realización íntegra da estadía de dúas semanas, os gastos da viaxe e o custo dun curso, desde un máximo de 1.600 euros e ata os 2.000 en función do país de destino.