Escoitar

Castrelos acollerá dous novos concertos infantís este verán

O goberno de Vigo iniciou a tramitación do expediente de contratación de dous novos espectáculos infantís. “El libro de la selva. La aventura de Mowgli” estará o 2 de agosto en Castrelos e “Tarzán. O Musical” o 9 do mesmo mes.

luns, 24 abr 2023

Abel Caballero deu conta na rolda de prensa matinal da tramitación do expediente de contratación de dous novos espectáculos infantís que se realizarán no auditorio natural de Castrelos durante o verán.

O mércores 2 de agosto terá lugar “El libro de la selva. La aventura de Mowgli”, inspirada no traballo “O libro das Terras Virxes” de Rudyard Kipling. Trátase dun musical para toda a familia, onde a trama vira a través do concepto de diversidade, un espectáculo cunha coidadosa caracterización dos personaxes e unha escenografía que xera unha montaxe teatral de gran impacto visual.

O segundo dos espectáculos é “Tarzán. O Musical”, o mércores 9 de agosto, a primeira tradución e adaptación ao galego da novela “Tarzán dos monos” de Edgar Rice Burroughs. Esta centrada no personaxe ficticio do neno orfo criado por gorilas na xungla, desembocando nunha aventura épica chea de emocións, na que se exaltan sentimentos como a pertenza e aceptación, a familia e o amor.

Descargar todas as imaxes