O museo MARCO acolle dende hoxe "Pittore" a primeira exposición de Luis Lleó tras a súa volta a España
O Museo MARCO contará ata o 24 de setembro coa exposición do barcelonés Lluís Lleó que, baixo o título "Pittore", presenta un proxecto que reúne unha mostra da súa obra nos últimos anos. Abel Caballero louvou a importancia desta mostra durante a súa inauguración, na que estivo acompañado do autor; do concelleiro de Cultura, Abel Losada; da comisionaria da obra, Rosa Gutiérrez e polo director do MARCO, Miguel Fernández-Cid.



