Caballero di que a carreira 24 horas de Vigo é "unha proba de dureza extrema", en Castrelos do 26 ao 27  

xoves, 17 ago 2017

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, membros do Club Castrelos 20:30 (José Vidal, Eusebio Alén e Ana Andrés), organizador da proba popular, e varios dos patrocinadores privados, presentaron hoxe xoves a segunda edición da 24 VGO, as xa consolidadas 24 horas de Vigo, unha proba fixada dende as 12:00 horas do sábado 26 de agosto ao mediodía do domingo 27 no circuíto dun quilómetro do parque de Castrelos.

O alcalde felicita ao Celta Baloncesto Feminino, campioas en varias categorías

venres, 21 xul 2017

Caballero recibiu este venres á directiva do club e ás capitás dos equipos júnior, cadete, infantil, alevín e benxamín, campioas en todas estas categorías, un resultado que cualificou como "fantástico. Temos un baloncesto feminino en Vigo que o gañou todo, non houbo nada que se nos resistira". No acto, o rexedor amosou tamén a súa satisfacción por poder saudar ao preparador físico da selección española de baloncesto feminino, Mario Muñoz, que realizou un "bo papel" na recente consecución do Campionato de Europa Sub-20 e de quen dixo que é "un orgullo que forme parte do baloncesto feminino de Vigo".

Caballero cifra en 3 millóns o investimento do Concello de Vigo na ETEA

luns, 10 xul 2017

O alcalde visitou este luns o novo espazo deportivo que está a ultimar o Concello na ETEA, un novo pavillón deportivo resultante do cubrimento da piscina. Abel Caballero recordou que o seu goberno foi quen de abrir a ETEA ao público, recuperar a praia da Punta, reformar o pavillón e facer un campo de fútbol e rugbi, entre outras accións.