Concello e Deputación inauguran a remodelación do campo de fútbol da Bouza
O goberno de Vigo reformou este recinto por case 300.000 euros, como parte dun convenio de mellora das instalacións deportivas municipais subscrito coa Deputación. Por 9,2 millóns, os gobernos presididos por Abel Caballero e Carmela Silva actúan en once campos de fútbol, constrúen os novos pavillóns de Romil e Quirós, e remodelan os da bancada de Río, en Balaídos.
Este mércores tivo lugar a inauguración do campo de fútbol da Bouza logo da súa remodelación, acto oficial presidido pola tenente de alcalde e presidenta da Deputación, Carmela Silva, e no que participaron o tamén tenente de alcalde Javier Pardo e concelleiros do goberno de Vigo como Patricia Rodríguez e Santos Héctor, tamén deputado provincial.
O Concello de Vigo, en virtude do acordo asinado coa Deputación, vén de remodelar o campo no que xogan como local o Vitoria e o CD Coia, por importe total próximo aos 300.000 euros. As obras consistiron na instalación de céspede artificial de última xeración e dun novo sistema de iluminación LED, composto por 28 unidades, que farán posible reducir a demanda enerxética, os seus custes e impacto ambiental. Tamén se revisou e reparou as canalizacións de recollidas de aguas pluviais e de rego.
Xunto co da Bouza, o convenio entre Concello e Deputación supuxo a remodelación dos campos de fútbol de Navia, Meixoeiro e Candeán, tamén concluídos, e o do Bouzas, que estará listo a finais deste mes. Amais, as melloras dos espazos do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e Sárdoma están a punto de ser adxudicadas, e en próximos meses se prevé licitar a reforma dos campos de Fragoselo, A Guía e O Bao. Por último, o Concello financia a mellora doutros tres campos de fútbol que non son municipais e que están xa en obras: Valladares, San Miguel de Oia e Matamá, por importe de 410.000 euros.
A remodelación de céspede, alumeado e instalacións en once campos de fútbol presenta un orzamento total de 2,9 millóns de euros, dos 9,2 millóns do total do convenio entre Concello e Deputación. Este acordo contempla ademais a construción dos novos pavillóns de Romil, que encara a súa recta final por importe de case que 2,2 millóns, e de Quirós, en obras por preto de 3 millóns de euros. Tamén inclúe a renovación integral dos dous espazos deportivos baixo a bancada de Río, en Balaídos, por importe lixeiramente superior aos 1,1 millóns.