O Concello licitará en setembro os accesos á Estación do AVE por valor de 18 millóns
Abel Caballero anunciou este martes que o Concello de Vigo licitará en setembro os accesos á Estación do AVE despois de que o Ministerio de Fomento dera esta mesma semana a autorización ao proxecto. "É a obra de maior envergadura e máis ambición da historia da cidade", sinalou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este martes a súa satisfacción polo inminente inicio das obras de acceso á Estación do AVE desde a autoestrada do Atlántico (AP-9). O rexedor avanzou en rolda de prensa que o Ministerio de Fomento deu a súa autorización para comezar cos traballos e o Concello de Vigo ten previsto licitar a actuación o vindeiro mes de setembro.
"Estamos ante a obra de maior envergadura e máis ambición da historia da cidade", sinalou Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. "Levo dez anos esperando por este momento, é un grande obxectivo que acadamos, lograr a recuperación da ferida que supuxo o scalextric para a cidade", engadiu.
Segundo explicou, Vigo licitará as obras por valor de 18 millóns de euros que levarán a cabo o propio Concello e a Administración de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) para os accesos á estación de Urzaiz, a conexión coa autoestrada e a remodelación completa do entorno. Os prazos previstos para a execución rondan os 14 meses. A Xunta licitará pola súa banda o proxecto para un tramo do túnel, o que discorre xunto á nova estación de autobuses, por valor de outros 3,4 millóns.
Abel Caballero apuntou que a obra inclúe o derribo do paso elevado da rúa Lepanto, de forma que o tráfico en dirección á autoestrada AP-9 pasará, unha vez acabada a obra, ao novo túnel.
Ademais, a actuación inclúe a remodelación completa da Praza da Estación e da rúa Baixada á Estación, obra que vai recuperar e integrar a fachada da antiga estación de tren. O alcalde recordou que o Concello vai incorporar na contorna un elevador desde García Barbón con saídas á estación Vialia de Thom Mayne e a Vía Norte.
Descargar todas as imaxes