Escoitar

Caballero: "O Marisquiño foi un éxito incontestable, con máis xente e máis deporte que nunca"

O alcalde de Vigo fixo balance este luns do festival de deporte urbano celebrado durante a fin de semana na cidade e sinalou que O Marisquiño acadou un seguimento "fora de serie" e supuxo unha "enorme mobilización cidadá".

luns, 12 ago 2019
156561350368278431_2796425593704957_8655751693046120448_n.jpg
Abel Caballero valorou este luns o éxito do Festival O Marisquiño que se celebrou desde o venres ao domingo na cidade. "Foi un evento fora de serie, unha grande mobilización cidadá deportiva cunha nova cultura deportiva urbana que ten en Vigo o seu máximo expoñente", sinalou o alcalde durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

"Houbo máis xente que nunca, máis deporte que nunca, máis calidade que nunca, un éxito incontestable", apuntou o rexedor antes de indicar as cifras aportadas polas institucións públicas ao evento. Caballero indicou que o Concello aportou 318.000 euros, a Xunta 120.000 euros e a Deputación 180.000 euros.
Descargar todas as imaxes