O alcalde compromete o "apoio" do Concello á feira Mindtech
Abel Caballero participou este venres na sinatura dun convenio entre a Zona Franca e Asime para a promoción das edicións de 2019 e 2021 desta nova feira, que acollerá Vigo e na que estarán presentes as empresas líderes do sector industrial, metalúrxico, metalmecánico e das tecnoloxías asociadas, de dentro e fóra de España.
Na súa intervención, Abel Caballero louvou iniciativas como esta, que amosan unha cidade "moderna, con ambición e capacidade", e auguroulle éxito a unha feira que "nace para quedarse" e terá "importancia" tanto polo cantidade como pola calidade da proposta.
O alcalde, quen recordou a visita á cidade do ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, asegurou que Vigo traballa no horizonte de 2050 e eloxiou o "cambio de posicionamento" da Zona Franca na industria e na economía, apostando por feiras como esta ou querendo entrar no padroado do IFEVI para aportar recursos e ideas.
Abel Caballero ofreceu o apoio do Concello de Vigo á feira Mindtech e avanzou que lle concede unha "gran importancia a este novo desenvolvemento da industria e da tecnoloxía", así como á "implicación" do Consorcio da Zona Franca de Vigo na mesma.
Zona Franca e Asime ratificaron este venres un convenio de colaboración, asinado por David Regades e Enrique Mallón, segundo o cal o Consorcio achega 100.000 euros para apoiar as edicións deste ano e do 2021 da feira comercial Mindtech. A cita procura promover o coñecemento e a relación das industriais de primeiro nivel que acoderán, ademais de incentivar o emprendemento industrial, xerar negocio e oportunidades de innovación.
As partes comprométense a traballar conxuntamente na captación de expositores para a súa participación no evento, unha colaboración que reforzará a feira, cuxa capacidade dinamizadora a longo prazo atraerá máis negocio a Galicia e a Vigo en particular, á vez que dará visibilidade no ámbito internacional a esta rexión industrial e tecnolóxica.
Descargar todas as imaxes