A Orquestra Clásica de Vigo traslada ao domingo o seu concerto da Noite Branca
Segundo explicou este venres o alcalde, a previsión climatolóxica para este venres anima a "non correr riscos" coa Orquestra Clásica de Vigo, que ofrecerá a súa actuación este domingo, ás 21h, na mesma localización prevista: os xardíns históricos do Pazo de Castrelos. O resto de concertos da Noite Branca celebraranse, de chover, en sitios próximos a cuberto.
O concerto que a Orquestra Clásica de Vigo ía ofrecer este venres nos xardíns históricos de Castrelos, dentro da programación do Concello para a Noite Branca, se traslada ao domingo ás 21h pola previsión climatolóxica adversa e a imposibilidade de buscarlle un emprazamento próximo a cuberto.
Anunciouno este venres Abel Caballero, quen confirmou que o resto de concertos previstos na Noite Branca se van a celebrar con normalidade, de chover, pasarán a espazos cubertos no entorno. "Temos plan B", confirmou o alcalde, quen animou a toda a cidadanía a achegarse na noite deste venres aos museos e participar das actividades previstas: visitas guiadas, obradoiros, novas exposicións e concertos, entre outras.
As actuacións desta noite na rúa do Príncipe (La Chata Soul ás 23h e Elephant Yard ás 01h) pasarán ao salón de actos MARCO de chover; os programados no xacemento do Castro (Margarida Mariño ás 21h) e na Praza da Princesa (Patricia Moon ás 24h) se celebrarían na Pinacoteca; e a actuación de Two in the Mirror das 23h, previsto na terraza do Verbum, tería lugar dentro do museo.