Caballero espera co Memorial Quino Salvo "mobilizar ao baloncesto vigués"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe as accións previstas por mor da cuarta edición do Memorial Quino Salvo de baloncesto, que culminará co partido amigable do 10 de setembro entre o Obradoiro de Santiago e o Alba Berlín no Pavillón Central das Travesas (20:30 horas).
O rexedor explicou que "o que queremos con este memorial é lembrar a Quino, un gran deportista, e cada vez que falo con todos vós me quedo con mellor idea de Salvo, porque todos falades ben, quédome coa sensación de gran deportista, persoa e especial por como era".
Moncho Lago, presidente da Asociación Quino Salvo -releva a Julio Bernárdez-, explicou que o obxectivo básico é que se saiba que "isto é un recordatorio a Quino, que facemos e organizamos para honrar a súa memoria, a dun amigo noso de toda a vida, un profesional do baloncesto espectacular e persoa brillante".
Lago manifestou que "nós sos non o poderiamos facer pola nosa conta, sería imposible", polo que agradeceu o patrocinio do Concello por cuarto verán consecutivo.
Os actos comezarán o vindeiro día 19 cunha nova exposición fotográfica en Príncipe "máis centrada na figura de Salvo e en fotos máis recentes" do baloncesto vigués.
O día 7 de setembro haberá o torneo de minibásquet na Praza do Rei ou en Navia, con 150 nenas e nenos de categoría alevín. E o martes 10 (20:30 horas, As Travesas) o partido entre o "Obra" e o Alba, "subcampión da Eurocup e da Bundesliga e un gran equipo de básquet", dixo Caballero. Dirixe ao cadro berlinés, "un superequipo", apuntou Lago, "un vello raposo do baloncesto español e un dos adestradores máis laureados de Europea, Aíto García Reneses".
Mari Carmen e José Ángel Salvo, irmáns de Quino, asistiron á rolda de prensa e apuntaron, e agradeceron, en palabras de José Ángel, "o esforzo e dedicación para seguir mantendo un pouco viva a memoria do noso irmán. É moi emotivo para a nosa familia reencontrarnos cos seus amigos, coas fotos, lembranzas e vivencias".
Caballero tamén asegurou que "sigo coa idea da importancia dun gran equipo de baloncesto en Vigo, na máxima división, e sigo mantendo esa parte do proxecto, o conseguir un equipo na ACB en Vigo. E para iso hai que facer algunhas accións que levaremos adiante, pero esta vez é o Memorial e a nosa satisfacción de patrocinalo, de presencialo e de mobilizar ao baloncesto".
Descargar todas as imaxes