O alcalde cifra en 5,7 millóns o investimento municipal en educación

Abel Caballero puxo en valor a dedicación do Concello no ámbito educativo e demandou á Xunta de Galicia que asuma as súas competencias cos colexios públicos da cidade.

mércores, 7 ago 2019
"O Concello dedícalle 5,7 millóns de euros, tres veces máis que o goberno autonómico" aos centros educativos vigueses, apuntou este mércores o rexedor engadindo que o fai "sen ter obriga" ao non ser a súa competencia.

Así, Caballero valorou o anuncio realizado pola delegación da Xunta en Vigo que cifra en 1,6 millóns o investimento en educación neste ano 2019 "no 50 colexios públicos que hai na cidade" polo que demandou á Xunta que "rectifique a súa política de investimentos en Vigo".