Escoitar

Castrelos acolle os dous últimos espectáculos programados polo Concello para este verán

Este mércores, ás 20 horas, conclúen as propostas do goberno de Vigo para o público infantil e familiar con SuperWings Live Show, mentres que o xoves, ás 23h, último concerto previsto para o emblemático auditorio vigués, a cargo de David Bisbal, "se a chuvia o permite", anotou Caballero.

mércores, 7 ago 2019
Os musicais de Shrek e o Rei da Sabana, celebrados o martes e o luns en Castrelos, rexistraron un "cheo extraordinario", valorou o alcalde, quen puxo en valor que, onte martes, Shrek O Musical foi seguido por 8.000 persoas.