O alcalde avanza o "reforzo" da Festa do Marisco de Vigo que se celebra do 5 ao 8 de setembro
Abel Caballero mantivo un encontro este martes coa organización de VIGOMAR, Festa do marisco de Vigo na que acordaron o "reforzo" do evento "tanto na forma como na divulgación" dotándoo, por exemplo, dunha dunha compoñente cultural dado que, en palabras do rexedor, "somos unha grande cidade turística e os eventos turístico-gastronómicos son un cheo total". Así, convidou á cidadanía viguesa e de toda España a vir degustar "o mellor marisco do mundo", entre o 5 e o 8 de setembro.