Caballero urxe ao Consorcio do Casco Vello a cesión dun inmoble á Zona Franca para uso de Down Vigo
O edificio, emprazado na rúa Real 27, é propiedade do Consorcio do Casco Vello. Abel Caballero esixiu a súa cesión "gratuíta e inmediata" á Zona Franca, que se compromete a rehabilitalo para o uso da Fundación Síndrome de Down. <br />
Abel Caballero demandou ao Consorcio do Casco Vello de Vigo que ceda de forma gratuíta e urxente á Zona Franca o edificio da súa propiedade na rúa Real 27, inmoble que o ente estatal se compromete a rehabilitar para o uso da Fundación Síndrome de Down.
Segundo explicou o alcalde ante os medios, Zona Franca de Vigo quere facer responsabilidade social corporativa e comprometeuse a investir na rehabilitación deste edificio para cedelo de balde, cun alugueiro simbólico, a Down Vigo. O importe da recuperación superaría o millón de euros, segundo anotou.
Caballero requiriu do Consorcio do Casco Vello que aplique o mesmo criterio que seguiu cando cedeu de balde parcelas á Xunta de Galicia -para construír o albergue de peregrinos- e á Universidade de Vigo -para o seu edificio do Berbés-. O rexedor denunciou "varas de medir distintas" do Consorcio nestes casos e na Zona Franca, á quen quere cobrar polo inmoble que pretende rehabilitar en favor de Down Vigo.