Vetusta Morla, Xoel López e Furious Monkey House, triplo concerto este venres en Castrelos

Con apertura de portas á platea ás 19:30h, Furious Monkey House abrirá o concerto ás 20h e Xoel López subirá ao escenario vigués ás 21h. Vetusta Morla arrancará a súa actuación ás 22:40h. O público asistente á zona de platea poderá solicitar unha pulseira para entrar y saír libremente do recinto durante as máis de catro horas de música en Castrelos.

venres, 2 ago 2019
Abel Caballero recordou que este sábado continúan as actuacións en Castrelos co espectáculo infantil Queenmanía, que arrancará ás 20h. A programación familiar no auditorio ao aire libre será protagonista da vindeira semana, co Rei León o luns, Shrek o Musical o martes e Superwings o mércores, todos ás oito da tarde. Ao día seguinte, o xoves 8 de agosto, David Bisbal pechará desde ás 23h o programa estival de concertos en Castrelos.