O Concello destina 45.000 euros para financiar o local social do Banco de Alimentos
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a subvención mediante convenio de 50.000 euros da celebración na cidade do Outono Lírico 2019.
O rexedor deu conta este martes da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local do proxecto de convenio coa Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo para os anos 2019, 2020 e 2021 para sufragar os gastos de alugueiro e de mantemento do seu local social que ten un importe de 45.000 euros. Amais, o Concello mantén outros acordos coa entidade para reforzar o seu labor "de forma singular", explicou.
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde á subvención nominativa mediante convenio entre o Concello de Vigo e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para o desenvolvemento do programa "Outono Lírico 2019", dotado con 50.000 euros "dedicados a reforzar a ópera na cidade", engadiu o rexedor, que puxo en valor a actividade cultural e musical viguesa con dúas orquestras sinfónicas, nove bandas de música e trinta grupos de música galega "dos mellores de Galicia, que unicamente están subvencionados polo Concello; non reciben máis axudas".