Máis de 20.000 afeccionados participarán esta fin de semana na décima edición de Retro Galicia
martes, 11 feb 2020O salón de vehículos clásicos homenaxeará a Beny Fernández e celebrará o 110 aniversario de Alfa Romeo, entre outras novidades
O salón de vehículos clásicos homenaxeará a Beny Fernández e celebrará o 110 aniversario de Alfa Romeo, entre outras novidades
Abel Caballero informou este xoves da contratación deste servizo, “imprescindible” para a execución do futuro túnel de acceso á AP9 desde a rúa Lepanto. Forma parte do convenio dos accesos á estación de Urzáiz, por importe total de 11,8 millóns, cuxas obras se prevén comezar no mes de marzo.
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou hoxe, na presentación da terceira edición da carreira Calvario 5+5, este domingo (10:30 horas), que xa está garantido "o récord de inscricións na proba”, ao achegarse preto dos 1.200 participantes entre atletas sénior (para a 5K e a 10K) e nenas e nenos para as carreiras de menores. Deles, 946 puntuarán na Run Run Vigo entre o 5.000 e o 10.000.
Volve o Galiexpo Motor Show da man do Concello de Vigo e da Deputación. Manel Fernández, concelleiro de Deportes, deu a benvida a “un evento de gran importancia na nosa cidade porque toca diferentes actividades en torno ao motor e, ademais, é dos que xa non quedan, pois é o único destas características en toda España”, dixo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe luns unha nova edición do programa municipal Run Run Vigo de carreiras populares, que continuará impulsando e patrocinando o Concello.
Manel Fernández animou hoxe aos afeccionados a acudir este luns festivo ao Polideportivo de Navia para presenciar o partido entre o Celta Zorka Recalvi e o Durán Maquinaria Ensino lucense (18:30 horas), con entrada gratuíta e correspondente ao Memorial Paco Araújo, en lembranza do que foi presidente do Club Deportivo Bosco dende 2001 ao 2016.<br /> <br />
O campionato, do xoves 26 ao domingo 29 deste mes, cítase por terceiro ano no pavillón do Loureiro, en Carballal, con récord de inscritos (quince equipos de doce clubs, con 300 nenas e nenos) e por vez primeira con equipos doutras comunidades autónomas (Asturias e Cataluña).
Un total de 118 equipos de 36 clubs disputarán este torneo, fundamentalmente vigués (27 clubs) pero que tamén convoca nas súas cinco categorías (prebenxamín, benxamín, alevín e feminino en fútbol 8 e infantil en fútbol 11) a equipos de Monçao (Portugal), Val Miñor, O Porriño, Ponteareas e Cangas, ademais do Deportivo, Lugo, Ponte Ourense e Oporto para o Super 6 alevín do sábado 28.
Abel Caballero entrega este mércores as axudas do Concello de Vigo aos deportistas de elite da cidade a través da Fundación VIDE, que dispón dunha achega total de 50.000 euros. O alcalde reparte becas a un total de 27 deportistas de alto nivel.
As mulleres con bolsa do Concello de Vigo xa son maioría entre os deportistas premiados este ano pola Fundación VIDE. O alcalde repartiu este luns as becas a un total de 20 menores de 23 anos (12 nenas e 8 nenos) correspondentes a 14 deportes e 14 clubs.