Vigo celebra a VIII BootCamp este fin de semana
xoves, 29 set 2022A carreira de obstáculos celebra a VIII edición o domingo 2 de outubro con máis de 2.050 inscritos.
A carreira de obstáculos celebra a VIII edición o domingo 2 de outubro con máis de 2.050 inscritos.
Abel Caballero anunciou a estrea do pavillón novo de Quirós esta tempada polo que haberá un total de 18 instalacións deportivas para os máis de 4.000 inscritos nas 63 entidades deportivas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe o Vigo Tennis Open, un torneo internacional para categoría sub-18, masculina e feminina, que se vai desenvolver do 9 ao 16 de outubro nas pistas de tenis do complexo deportivo municipal de Samil, por segundo outono consecutivo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou ao Club Deportivo Amfiv por catro décadas de vida, na presentación do Iberconsa Amfiv, que esta fin de semana arrinca a súa participación na máxima categoría.
Esta mañá o rexedor recibiu ao técnico vigués Óscar Bruzón, ex-seleccionador de Bangladesh. Nese mesmo país, adestra o Bashundhara Kings da Premier League local, co que logrou gañar varias ligas nos últimos anos, ademais de lograr o fito de clasificalo para xogar a Champions de Asia. Na recepción agasallou a Abel Caballero con camisetas tanto do seu clube como do combinado nacional.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou na Praza do Rei a edición número 55 do Rallye Recalvi Rías Baixas, que se abrirá este xoves (20:30 horas) co acto oficial de saída dende Policarpo Sanz.
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, achegouse hoxe ao auditorio Mar de Vigo onde se celebra a xornada "A importancia do Deporte para a redución da desigualdade no marco da Axenda 2030" que organiza a Deputación de Pontevedra xunto a Federación de Municipios e Provincias. Acompañado do presidente do Consello Superior de Deportes, José Manuel Franco, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o rexedor sinalou que "vertebramos o país dende a política local e co deporte como elemento catalizador, como guía de actuación e como instrumento para afianzar a igualdade".
Xa están abertas as inscricións para a IX Carreira Vigo contra o Cáncer que se celebra o domingo 16 de outubro. O 90% dos beneficios financiarán proxecto BICAR (Bacterias Intestinais en Cáncer de Recto). Abel Caballero...
Abel Caballero e Carmela Silva presentaron este martes a xornada, que se celebra o vindeiro 21 de setembro, no marco da Axenda 2030, e que organizan a Deputación de Pontevedra, a FEMP -a través da Rede Axenda 2030 e a Comisión Obxectivos de Desenvolvemento Sostible- e o Concello Superior de Deportes.
Abel Caballero asistiu este xoves á inauguración do remodelado terreo de xogo no que se investiron case 500.000 euros.