O alcalde recibiu esta mañá os deportistas do Balonmán Lavadores Petanca e ao Clube Piragüismo Olívico
O Balonmán Lavadores Petanca mostroulle a Abel Caballero o trofeo do terceiro posto conseguido no Campionato de España de Balonmán Praia en categoría infantil feminina, "un logro histórico para este deporte na cidade", como indicou o rexedor. Por outra banda, tamén recibiu os deportistas do Clube Piragüismo Olívico, que volveron do Campeonato de España de Novas Promesas con dous medallistas.