Escoitar

O Concello rematará as obras nos colexios en setembro

O goberno local está a facer obras nos accesos, aseos ou novas pistas deportivas, amais das necesidades, nos centros educativos da cidade cun importe superior a dous millóns de euros.

luns, 14 ago 2023

Abel Caballero avanzou que as obras que o goberno local está a acometer en distintos colexios da cidade rematarán no mes de setembro, a excepción dos accesos aos CEIP Fonte Escura, que é unha obra de maior calado.

O CEIP Frián-Teis terá unha nova cuberta no patio cun importe de case 450.000 euros. O Concello tamén está a construír catro novas pistas polideportivas no Chans-Bembrive, Santa Mariña, A Paz-Tintureira e Otero Pedrayo. Tamén se está a repintar o circuíto de seguridade viaria no San Mariña , onde tamén se está a poñer tarima flotante na aula infantil.

Outras das obras que o alcalde di que están a punto de rematar son os baños do Emilia Pardo Bazán, Lope de Vega, Valadares-Igrexa e Canicouva.

Descargar todas as imaxes