O goberno local comeza a elaboración do orzamento municipal de 2024
O alcalde afirmou que as condicións económicas do Concello permiten seguir coa transformación da cidade. Caballero explicou que a débeda cero que está a manter o goberno local desde 2016 permite adicar o 100% do orzamento a servizos, inversións e atención á cidadanía.