Escoitar

As reservas para o Dreambeach, que contará con David Guetta como cabeza de cartel, saen á venda o luns 14 de agosto

Este show terá lugar o domingo 20 de agosto, arrincando ás 20:30 horas cun evento de 4 horas, dentro do programa Vigo en Festas 2023. O alcalde sinalou que “será excepcional, probablemente sexa o máis importante que sucedeu en Castrelos na historia”.

venres, 11 ago 2023

Como explicou Abel Caballero, as reservas para este show seguirán o esquema habitual, para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, sairán o luns 14 de agosto en dúas quendas de 2.500 ás 9:30h e ás 16:30h (das que 1.250 de cada quenda serán online e outras tantas na taquilla presencial do Auditorio Municipal). As reservas online pódense adquirir a través de www.vigoenfestas.com.

O espectáculo conta cunha duración de 4 horas, co cal adiantase o inicio do mesmo ás 20:30 horas, a diferencia do resto da programación do Vigo en Festas 2023. O rexedor explicou que “David Guetta é o artista central do cartel”, pero estará acompañado de “artistas de talla mundial”. O cartel do show Dreambeach tamén estará composto por Groove Amigos, artista local con percorrido internacional; o chileno Francisco Allendes e o británico Nic Fanciulli. O artista principal, David Guetta,  é o cuarto artista máis escoitado en Spotify a nivel mundial. Ademáis conta con máis de 7 millóns de copias vendidas entre todos os seus álbums e foi recoñecido como mellor DJ do mundo en varias ocasións pola prestixiosa revista "DJMag".

 

Descargar todas as imaxes