Escoitar

Vigo terá un novo Estadio Municipal de Atletismo en Balaídos

Abel Caballero explicou que o Concello “inicia o proceso de construción”, aprobando na Xunta de Goberno de mañá o expediente de contratación do proxecto por un valor de 223.076,51 €.

xoves, 10 ago 2023

As actuais pistas municipais de atletismo de Balaídos contan actualmente cos adestramentos diariamente de case 300 deportistas da cidade e da súa área de influencia. Estas pistas foron construídas no inicio dos anos oitenta, destacando a súa localización, como a única instalación deste tipo no centro da cidade.

Ante a súa importancia, o Goberno de Vigo plantexa a súa “transformación nun novo estadio extraordinario”, como sinalou o rexedor. A contratación do proxecto que terá luz verde mañá na Xunta de Goberno Local, terá un custe de 223.076,51 €.

Como indicou Abel Caballero, “a reforma será integral, cunha instalación moderna, ao día e adaptada ás demandas do atletismo actual”. Procederáse a transformación cun pavimento deportivo de calidade e que conte cuns equipamentos e espazos adaptados ás necesidades actuais (ximnasio; sala de formación; sala de prensa; enfermería; espazos de almacenaxe; un módulo cuberto; vestiarios adaptados; grada cuberta e unha torre de control, entre outras).

 

Descargar todas as imaxes