Escoitar

Esta mañá tivo lugar a primeira reunión do Comité do Nadal para “planificar e coordinar o conxunto das accións”

Abel Caballero deu conta esta mañá da primeira reunión do recen formado Comité de Nadal, no que se traballará “para estendelo no conxunto da cidade”, xa que “sabemos que o Nadal de Vigo irá a máis”. O rexedor fixo fincapé no tráfico “tanto de acceso a cidade como no interno, buscando o máximo de fluidez”.

mércores, 9 ago 2023

Abel Caballero reuniu esta mañá por primeira vez o recen creado Comité de coordinación do Nadal, no que, como relatou, “trataranse temas como o tráfico, a seguridade, o fluxo de visitantes; a mobilidade; as localizacións das atraccións e a atención ao sector hoteleiro”. No día de hoxe realizouse unha toma de contacto con todos estes temas, nos que se afondará nos seguintes encontros.

Para o rexedor o Nadal en Vigo xa ten “vai ir a máis”, polo que “buscaremos estendela na cidade, con máis emprazamentos, xerando aproveitamento dos beneficios directos do Nadal e a súa vez, que non existan grandes concentracións de cidadáns”. Nese sentido para Caballero é importante “minimizar os efectos colaterais”, exemplificando a baixada de volume do fío musical que xa se realizou nos últimos anos. A maiores sinalou que “non debe suceder que o aparcamento dunha comunidade de veciños permaneza pechada durante 3 ou 4 horas”, buscando “permitir a utilización practicamente normal do tráfico e de todos os garaxes da cidade”, sendo un tema que “trazaremos moi a fondo”.

Nesta primeira reunión a presidencia realizouna o propio alcalde, delegando esta función nas seguintes xuntanzas na primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, que estará acompañada do segundo tenente alcalde, Javier Pardo; a delegada da área de Seguridade, Patricia Rodríguez; o delegado da área de Festas Especiais, Ángel Rivas; a concelleira de Turismo, María Lago; a concelleira de Comercio, Ana Laura Iglesias; e a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez.

Descargar todas as imaxes