Escoitar

Abel Caballero visita o inicio da montaxe das instalacións do "Basket 3x3" de O Marisquiño

O rexedor acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e os organizadores do evento, achegouse esta mañá ata A Laxe, onde este ano se instalará a pista e a bancada. Caballero quixo recalcar o apoio que recibe O Marisquiño por parte do Concello de Vigo, "asumindo a totalidade da financiamento, para garantir a continuidade do evento de xeito gratuíto para toda a cidade".

martes, 8 ago 2023
Descargar todas as imaxes