A ocupación hoteleira chegou ao 92% a fin de semana
O alcalde cualificou a Vigo como “unha potencia turística en España”. Bad Gyal esgota as reservas da platea para o seu concerte deste xoves 10 de agosto.
A ocupación hoteleira de Vigo acadou o 92% a fin de semana. “Prácticamente cheo”, en verbas do alcalde, que cualificou Vigo como “unha potencia turística e gran referente turístico en España”. O alcalde dixo nas súas declaracións que “basta con pasear polas rúas e escoitas os acentos para darse conta que Vigo está cheo de turistas”. Para Caballero isto é “o tirón do Nadal coa súa promoción, as Illas Cíes, a gastronomía... o que facemos por e para a cidade”, concluíu.
Bad Gyal
A artista catalana esgotou as 5.000 reservas en platea para o concerto que ofrecerá en Castrelos o xoves 10 de agosto. O alcalde di que “será un dos concertos notables deste verán e moi esperado polo público máis xuvenil, aínda que ten un carácter transversal”.