O Concello aumenta a partida para o Banco de Alimentos ata os 120.000 euros
A achega municipal pasará dos 83.000 aos 120.000 euros nos orzamentos de 2024. O alcalde mantivo unha xuntanza co presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Iván Martínez, na que dispuxo toda a colaboración municipal coa entidade social.
Abel Caballero mantivo unha xuntanza co presidente do Banco de Alimentos, Iván Martínez, na que anunciou o aumento da partida dedicada a entidade, que pasará de 83.000 a 120.000 euros.
Para o alcalde “o traballo que fai o Banco é moi importante e fan unha gran labor, e o aumento significará unha maior capacidade de actuación”. Este aumento estará reflectido nos orzamentos municipais de 2024. Tamén trasladou á directiva do Banco de Alimentos a disposición do Concello a colaborar con eles “en todo o que precisen porque son tempos difíciles para moitas persoas e o Concello debe liderar esa atención”.
Deste xeito, Caballero lembrou que o goberno local vén de aumentar a achega aos comedores sociais de 1 a 1,5 euros, polo que Afán pasa de 60.000 a 65.000 euros, a Casa da Caridad de 54.000 a 80.000 euros, Vida Digna de 45.000 a 51.435, e Misioneras del Silencio de 36.200 a 80.000 euros. Amais, o Concello dispón de servizo de comedor no albergue municipal.