Escoitar

Caballero cualifica a edición do Marisquiño como “a mellor que houbo na historia”

Máis de 150.000 persoas asistiron ao entorno de Samil para participar e presenciar as actividades deportivas e festivas de O Marisquiño. Os hoteis rexistraron unha ocupación do 94% durante a fin de semana.

luns, 14 ago 2023

Abel Caballero cualificou a edición de O Marisquiño 2023 como “a mellor da historia”. A organización cifrou en máis de 150.000 os asistentes ao festival, que este ano trasladouse ao entorno de Samil na maior parte dos seus eventos.

O alcalde asistiu ás diferentes probas durante a fin de semana e manifestou “o éxito incontestable con moitos espectadores e calidade dos participantes”.

Caballero tamén deu conta da ocupación hoteleira na fin de semana que foi do 94%, hoxe luns, previo aos dous días festivos na cidade, a ocupación é do 90%. “Un mes turísticamente excepcional, o que significa milleiros de empregos na cidade”, concluíu.

Descargar todas as imaxes