martes, 25 mar 2003
"Alaska en kaiak de mar" é o título da conferencia do ciclo "Natureza sen límite" organizado polo Club Montañieros Celtas coa colaboración da concellería de Deportes que se celebrará o 26 de marzo no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industrias (Peritos), a partir das 20:00 horas.
venres, 21 mar 2003
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou o campionato galego de Surf que se celebrará de marzo a novembro deste ano que organiza a Federación Galega e Juvesport e que consta de nove probas puntuables.
xoves, 20 mar 2003
"Espeleoloxía en Eslovenia e Caúcaso" é o título da conferencia do ciclo "Natureza sen límite" organizado polo Club Montañieros Celtas coa colaboración da concellería de Deportes que se celebrará o 21 de marzo no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técncios Industrias (Peritos), a partir das 20:00 horas.
mércores, 19 mar 2003
O ciclo está organizado polo Club Montañeiros Celtas e se celebrará durate cinco sesións a partir do próximo venres.
mércores, 5 mar 2003
A cuarta edición da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca celebrarase o 7 de marzo ás 20:00 no Centro Cultural Caixanova.