Corina Porro celebra cos xogadores do Celta a clasificación para a UEFA
A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe luns no Concello os xogadores, corpo técnico e directivos do RC Celta para celebrar con eles a súa clasificación para xogar a Copa da UEFA a temporada 2006-2007.

Corina Porro agradeceulle ao equipo o esforzo realizado ao longo da temporada para situarse e situar "a toda a cidade" en Europa, e mostrouse convencida de que os xogadores do Celta serán "uns grandes embaixadores".
Así mesmo, a alcaldesa asegurou que o Concello traballará "para ofrecer unha solución definitiva ao Estadio de Balaídos", en resposta á demanda que o presidente do Celta, Horacio Gómez, presentou no seu discurso.