Turismo de Vigo promociona a cidade no Salón Internacional de Turismo de Cataluña e no XV Salón do Automobil de Vigo
Turismo de Vigo asistiu a pasada semana, entre os días 4 e 7 de maio, ó Salón Internacional de Turismo de Cataluña no recinto da Fira de Barcelona. Uns 1.500 profesionais do sector, maiormente cataláns, visitaron o stand de Turismo de Vigo. A maior parte dos visitantes se interesaron polo Parque Nacional de As Illas Atlánticas, concretamente, polas Illas Cíes.
Paralelamente, Turismo de Vigo tivo presencia no Salón do Automóbil celebrado do 29 de abril ó 7 de maio no IFEVI de Vigo. Case o 90% dos visitantes eran galegos, principalmente das provincias de Pontevedra e A Coruña. Dos visitantes nacionais (10%), destacaron as provincias de Castela León, Madrid e Asturias, ainda que tamén nos visitaron de Cataluña, Baleares, Andalucía e Canarias.
Os visitantes dos países extranxeiros que se achegaron ó stand de Turismo de Vigo foron nun 50% portugueses, nun 25% de Francia, nun 21% de países latinoamericanos e incluso de lugares tan exóticos como Xapón. O día no que houbo unha maior afluencia de público foi o sábado 6 de maio.
Turismo de Vigo ten previsto completar o seu plan estratéxico de promoción da cidade coa participación en tres feiras máis no IFEVI antes de que remate o ano. Desta maneira, preténdese dar a coñecer a cidade tanto a nivel nacional coma no extranxeiro. Así como aproveitar os acontecementos feriais máis relevantes de Vigo para atraer e informar ás persoas que veñen por negocios para que tamén disfruten no seu tempo de lecer das posibilidades turísticas da nosa cidade. As feiras internacionais que se seleccionaron este ano dentro do plan de promoción foron a BTL de Lisboa, a Boot de Düsseldorf, ITB de Berlín y BIT de Milán.
Descargar todas as imaxes