Escoitar

Animación ó uso de internet nos centros municipais

O Concello de Vigo organiza os días 15 e 16 de maio unhas xornadas de animación e coñecemento do uso de internet e da potencialidade da e-administración con motivo da celebración do día Mundial de Internet.

venres, 12 mai 2006
1147440794vigohoxe.jpg
En colaboración coa Asociación de Voluntarios de Internet e as asociacións veciñais A.VV. "Dr. José Casas"-Bouzas, A.VV. "Val do Fragoso", A.V.C. e D. Sampaio, A.VV. San Miguel de Oia, U.V.C.e D. de Candeán, A.VV. "Outeiro" de San Andrés de Comesaña e A.VV. "A Unión de Matamá, co motivo da celebración do día Mundial de Internet, terá lugar nos centros unhas xornadas de animación e coñecemento do uso de internet e da potencialidade da e-administración do Concello de Vigo, coa presenza de dous animadores en cada un dos centros.

As xornadas celebraranse os días 15 e e16 en cada unha dos locais das asociacións veciñais en horario de 17:30 a 20:30 e dirixido a todas as idades.

O próximo 17 de maio celebrase o Día Mundial de Internet, coincidindo co Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, efeméride proposta por Nacións Unidas co obxectivo de diminuir a brecha dixital, e acercar as novas tecnoloxías aos colectivos máis desconectados da sociedade.
Descargar todas as imaxes