mércores, 18 ago 2004
Os días 21 e 22 de agosto celebrarase en Vigo o xa tradicional Open de Skateboarding "O Marisquiño", organizado pola tenda Westpeak e Sugema Medios Especiales. Un evento que contará este ano cunha exhibición de "Snowboard" no parking anexo á praia co obxecto de crear un precedente na comunidade para chegar a acoller o vindeiro ano unha proba oficial do Campionato do Mundo.
xoves, 5 ago 2004
A Regata, presentada o xoves no Real Clube Náutico de Vigo, celebrará a súa 41ª edición do 12 ao 16 de agosto e contará con novos e atractivos premios para os 110 barcos participantes.
xoves, 29 xul 2004
O torneo, presentado o xoves en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Lucía Molares, terá lugar do 31 de xullo ao 8 de agosto no Complexo Deportivo de Samil.
mércores, 28 xul 2004
As intalacións deportivas "VigoArea", situadas na praia de O Vao, acollerán durante a primeira quincena do mes de agosto diferentes modalidades deportivas que veñen a completar o programa do Verán Xove 2004. As novidades máis salientables correrán a cargo do "cachibol", para maiores de 55 anos, e os importados "ultimate" e "koorfball".
venres, 16 xul 2004
Dende o vindeiro martes 20 de xullo e ata primeiros de agosto, a praia de O Vao acollerá os torneos de balonmán, volei e futbolei praia organizados por "eventoglobal" e patrocinados pola concellería de Deportes, entre outros.
venres, 9 xul 2004
A Concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentaba esta mañá en rolda de prensa a regata de traíñas que terá lugar o 18 de xullo ás once da mañá no porto deportivo da cidade, e na que participarán quince equipos.
xoves, 8 xul 2004
Preto de 1.200 deportistas participarán no torneo que terá lugar do 14 ó 18 de xullo na praia de O Vao. A Concelleira de Deportes, Lucía Molares, foi a encargada de presentar o torneo esta mañá, xunto co representante da entidade promotora "eventoglobal", Juan Carlos Andrés.
luns, 5 xul 2004
Mónica Vázquez, María Alonso e Fernando Martínez, da Asociación San Francisco, foron recibidos hoxe pola alcaldesa Corina Porro.
luns, 5 xul 2004
O torneo internacional de fútbol que se celebrará do catro ó once de xullo, inaugúrase oficialmente hoxe ás oito da tarde no Centro Social Caixanova.
xoves, 1 xul 2004
Fútbol, balonmán, voleibol, rugby, tenis e futvoley son as modalidades deportivas que se poderán practicar na praia de O Vao os meses de xullo e agosto organizadas pola concellería de Deportes.